Xulio Pardo de Neyra 08 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h. O escritor e profesor lucense Xulio Pardo de Neyra case sae a dous libros por ano. Vén de presentar o poemario «Uterus siue uolua», publicado por Edicións Fervenza e no que o autor, coa colaboración gráfica de Clara Martín, presenta un libro para ler e para ver, para sentir, para descubrir e para vivir cos ollos e co corazón. Un conxunto de 39 poemas e 30 colaxes analóxicos que debuxan unha chea de emocións íntimas e intensas sempre coa ollada feminista, feminina e feminizada dun home e unha muller que xuntan forzas para mostrar que a paixón non ten xénero.